martes, 29 de marzo de 2011

A influencia do Terroir nos viños de Calidade

O chan, o microclima e a influencia do home determinan a calidade do viño

José Hidalgo é Doutor, Enxeñeiro agrónomo, diplomado superior en viticultura e enoloxía. Actualmente imparte clases na Universidade da Rioxa. Asesorou a numerosas adegas españolas e é autor de prestixiosos traballos de investigación en torno ao viño. Traballou en todo o norte de España practicamente, desde Galicia, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira do Douro, Rueda, Rioxa, País Vasco, Valladolid, Cigales e algo en Cataluña, A Mancha e Mallorca. Como relator no recente Encontro Terra de Vins, en Palma de Mallorca, abordou "A influencia do terroir nos viños de calidade". Coñece as súas conclusións neste vídeo.

José Hidalgo, analizou tamén a influencia da crise no sector do viño, mostrándose halagüeño ante un sector que empeza a recuperarse en moitas zonas. Da mesma maneira abordou o peculiar tema dos viños brancos galegos que apenas notaron esta situación económica, aludindo a que os viños brancos con características fortes, onde se traballou por mellorar a calidade mantendo o prezo, apenas notaron os seus efectos. Este é o caso particular de Valdeorras, que soubo axuntar a calidade dun traballo ben feito por parte de viticultores, adegueiros e Consello Regulador, cuns prezos moi competitivos,  para situar aos seus viños como uns dos máis destacados do sector nos últimos anos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario