martes, 14 de febrero de 2012

A Coroa Lías 2010 galardoado coa EXCELENCIA no concurso Internacional de cata Premium Select Wine Challenge ProWein 2012, en Alemaña

A adega A Coroa segue sendo a gran embaixadora do Godello de Valdeorras en Alemaña, logrando o recoñecemento de Excelencia co seu viño A Coroa Lías 2010 na Cata Premium Select Wine Challenge ProWein 2012, outorgado pola prestixiosa publicación "Selection" e que contou coa participación de 1500 viños de todas as rexións vinícolas do planeta.

Nun país recoñecido polo prestixio dos seus brancos, a adega A Coroa volve reafirmar a revolución enolóxica que desde Valdeorras emana, logrando o cualificativo de Excelencia para o seu Godello Lías 2010.

Aquí vos presentamos as notas de cata do Godello A Coroa:

"Brillante amarelo verdoso con reflexos pallizos. Complexo, elegante e intenso. Destacan os aromas de froita madura (mazá, pera e melón), agradables notas florais, flor de toxo e un fondo vexetal de fiuncho característico dos grandes Godellos.

En boca é un viño amplo, moi fresco e equilibrado. Sensacións de froita madura, notas balsámicas e florais. Untuoso e dotado de boa acidez.

Postgusto longo e persistente cun lixeiro amargor varietal que lle proporciona amplitude na boca".

Desta forma, a adega pertencente á DO Valdeorras volve reafirmar o seu gran posicionamento no país teutón; lugar onde xa recollera o pasado ano a medalla de Ouro do BERLINER WEIN TROPHY co seu godello xove A Coroa 2010.






No hay comentarios:

Publicar un comentario