miércoles, 21 de marzo de 2012

A DO Valdeorras ratifica o seu compromiso co público catalán confirmando a súa presenza en Alimentaria 2012

Confírmase a representación da DO Valdeorras en Alimentaria 2012, con tres actos que terán lugar os días 27 e 28 de marzo en Barcelona.

Mentres algunhas adegas confirman a súa participación en Alimentaria con caseta propia, tal é o caso de Godeval (caseta D280 - pavillón 3 - Intervin - pertencente ao distribuidor Vinum Nostrum.SL) e Valsesil. O Consello Reguldor DO Valdeorras, en representación dun importante número de adegas desta denominación de orixe, fará o propio con tres presentacións dos seus caldos os días 27 e 28 de Marzo.

O pistoletazo de saída para os viños DO Valdeorras levarase a cabo o martes 27 de marzo ás 13:00 horas. Onde, dende a Caseta da Xunta de Galicia- Pavillón 4 - Interlac, poderánse degustar estes caldos en estreita maridaxe cos queixos de Galicia.

Sen moito tempo para dilacións, e unha vez dixerido este suculento aperitivo, ás 17:00 horas os mariscos tomarán a testemuña dos queixos no pavillón 7 - Interpesca, para realizar unha presentación conxunta das excelencias de Galicia.

E como colofón final á participación en Alimentaria, agradecendo a gran acollida que sempre profesa o público catalán aos viños DO Valdeorras; o mércores 28 realizarase no pavillón 3 - Intervin - Caseta Xunta de Galicia, unha cata de viños singulares DO Valdeorras.

Alimentaria é un dos salóns de Alimentación e Bebidas máis importantes do mundo. Así o recoñecen os principais operadores internacionais da industria, o comercio e a distribución alimentarios. Un evento de referencia cuios factores de éxito son a máxima especialización da súa oferta, a innovación e unha infatigable vocación exterior.

Do 26 ao 29 de marzo de 2012, Alimentaria volverá ser un centro de negocios internacional para todos os profesionais vinculados á industria alimentaria.


Superficie neta (m2)
94.622

Total expositores
3.936

Expositores internacionais
1.299

Países representados
75

Total visitantes
140.542

Visitantes internacionais
35.874





No hay comentarios:

Publicar un comentario