miércoles, 18 de abril de 2012

O Consello Regulador DO Valdeorras presenta os seus viños Tostados

Despois de catro anos de investigación e con bos resultados nas catas previas realizadas, preséntanse novos avances no proxecto que están a realizar conxuntamente o Consello Regulador DO Valdeorras e o Campus de Ourense da Universidade de Vigo para a obtención e recuperación do viño tostado de Valdeorras.

Un total de doce catadores comprobaron onte os logros do traballo dos investigadores no marco do proxecto de optimización do aroma e da cor nos procesos de obtención do viño tostado a partir de uva garnacha tintorera.

A experiencia, que se desenvolve na adega experimental do Consello Regulador e que se consistiu na cata dun viño licor, un viño seco e un tostado, completouse coa comparativa entre estes viños e outros de similares características de diversas rexións do planeta (Portugal, Austria, Hungría e Sudáfrica) a fin de cotexar e valorar as calidades organolépticas dos mesmos.

A sesión estivo enfoca a un Panel de Cata de viños Tostado con importante representación das adegas adscritas ao selo de calidade DO Valdeorras; xa que, segundo informan os responsables do proxecto: "agora é o momento de que os viticultores de Valdeorras coñezan as características destes viños e da súa realización, animándose a producilos para o mercado".

Desta forma preténdese recuperar un produto de tradición internacional centenaria, tal e como demostra o galardón outorgado a estes viños por parte dos responsables da Exposición Universal de París do ano 1900.



No hay comentarios:

Publicar un comentario