miércoles, 21 de noviembre de 2012

Coñece as adegas DO Valdeorras que presentarán os seus viños en Bruxelas

O Consello Regulador e as adegas DO Valdeorras ultiman os preparativos para a súa cita co público internacional en Bruxelas, a través de dous actos que seran celebrados os próximos días 26 e 27 de novembro, no Hotel Meridiem e no centro da Fundación Galicia - Europa, respectivamente.

Como anunciamos en pasadas publicacións, Bruxelas prepárase para recibir aos viños DO Valdeorras dentro dun marco que sitúa á capital Belga como un referente europeo e importante mercado para a comercialización e promoción internacional do viño.

Non é baladí que un dos máis importantes certames do sector no mundo,  "O Concours Mondial de Bruxelles", celébrase nesta capital e que, ano tras ano, son varios os viños da DO Valdeorras os que locen nas súas botellas os máximos galardóns dun certame no que compiten máis 6000 caldos do cinco continentes.

Por iso, na firme aposta da DO Valdeorras de compartir a excelencia dos seus caldos con todos os públicos, a través deste dobre acto presentásense as virtudes da colleita 2011 a profesionais do sector, altas institucións e público en xeral que desexe asistir ao evento.

Lembrámosvos que se queredes participar na presentación, podedes solicitar a vosa invitación remitindo un email co voso nome completo a: lamadredelvino@dovaldeorras.tv

Dádevos présa en facelo, xa quedan moi poquitas prazas dispoñibles 

Mentres se van fraguando os últimos flecos, dende a nai do viño presentámosvos ás adegas que tomarán parte nos actos.

Podedes ampliar información sobre cada unha delas facendo click sobre o seu nome


  Agardámosvos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario