Tras os
éxitos cultivados en Nova York e Madrid, o Consello Regulador e as
adegas DO Valdeorras continúan coa súa campaña promocional e, os
próximos días 26 e 27 de Novembro, presentarán en Bruxelas o prestixio
internacional dos seus viños.
Nun marco de presentación que se desenvolverá por partida dobre, tanto adegas como Consello Regulador porán a disposición do público local e internacional o crédito e prestixio que converteron aos viños DO Valdeorras nun referente de Galicia no estranxeiro.
Desta forma, o primeiro acto que terá lugar no Hotel Meridiam, o luns 26 de novembro en horario de 11:00 a 17:00 horas, estará adicado a distribuidores, restauradores e profesionais do sector belga coa finalidade de realizar accións comerciais e promocionais.
Mentres que, na liña de seguir compartindo a calidade dos seus viños co gran público, ao día seguinte, martes 27 e en horario de 18:30 a 21:00, a comitiva valdeorresa desprazarase ao centro da Fundación Galicia - Europa, para realizar unha presentación ante as altas institucións internacionais, dando cabida á participación do público en xeral que desexe asistir.
Lembrámosvos que se queredes participar no acto, dende xa podedes solicitar a vosa invitación remitindo un email co voso nome completo a: lamadredelvino@dovaldeorras.tv
Para completar a presentación do acto, ao longo da semana irémosvos dando cumprida información das adegas participantes, así como as últimas novidades en referencia ás solicitudes de asistencia. Estade atentos, haberá sorpresas.
Coñece a Fundación Galicia - Europa

Accede á crónica da presentación de Nova York
Accede á crónica da presentación de Madrid
Coñece o prestixio internacional do Godello DO Valdeorras
Coñece todo o que a DO Valdeorras pode ofrecerche
No hay comentarios:
Publicar un comentario